Veciños de Castrelo de Miño aprenderán a separar o lixo

O Concello de Castrelo de Miño inicia unha campaña de concienciación e formación da población encamiñada a mellorar a recollida do lixo doméstico, comercial e industrial con vistas a súa posterior reciclaxe.
A primeira acción consiste na convocatoria aos veciños para que asistan a unha charla informativa na que se explicará de forma teórica e práctica cómo se deben depositar os restos de forma adecuada e no contenedor que corresponde. Será no salón do Parque Náutico, o próximo 14 de marzo, ás 19,30 horas.

Con esta charla, as autoridades municipais pretenden que esta práctica de seleccionar os residuos sea algo habitual neste municipio, o que suporá un aforro para o Concello, si se consigue reducir a cantidade de restos no recipiente de orgánicos.

Te puede interesar