Os veciños de Cenlle preparan a súa Festa do Viño Tinto

Os veciños de Cenlle preparan a octava edición da Festa do Viño Tinto, que terá lugar os días 9 e 10 do próximo mes de xuño. Na organización participan o Concello e veciños, e colabora a Deputación provincial. O pregón correrá a cargo do historiador carballiñes, José Luis Sobrado, estando previsto para ese sábado, primeira xornada de festa, ás 23,00 horas, na Praza da Tenencia.
A exaltación do viño empezará xa antes do pregón, ás 20,00 horas, coa terceira ruta polas adegas do municipio, un recorrido que estará amenizado pola charanga 'Xente Nova'.

O domingo, repetirase a ruta, a partires das 10,30 horas, dando paso seguidamente a un xantar popular e degustación do viño tinto de Cenlle, na pista polideportiva do colexio público deste municipio.

Te puede interesar