Os veciños de Valongo perderon a antiga escola

A localidade de Valongo pertenece ó municipio de Cortegada (Foto: M.P.)
O Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Ourense emitiu unha sentencia a raíz do recurso que interpuxeron Ánxeles Montero Rivera (portavoz municipal do BNG en Cortegada) e a Asociación A Media de Valongo contra o expediente de alteración da calificación xurídica da 'Antiga escola de Valongo' e contra o procedemento posterior de permuta que executou o Concello. Tal recurso é desestimado e o xulgado dálle por tanto a razón ao Concello de Cortegada
Os veciños pretenden manter a que era unha propiedade pública, opoñéndose á permuta cun particular por outro espazo no centro de Valongo, según o Concello, destinado a ser unha praza, que ademáis facilitará o acceso das ambulancias a esa parte do pobo.

A sentencia básase en que fai máis de 50 anos que este inmoble, agora en ruinas, está sin utilizar, e rexeita a acusación de desviación de poder por parte do Concello para favorecer a un particular, considerando que a permuta foi beneficiosa para o pobo. Os demandantes aínda non decidiron se recurrirán.

Te puede interesar