turismo

O ViñoBus desplazarase ata Pazos de Arenteiro

Participantes na ruta do pasado sábado, no castro de San Cibrán de Lás.
photo_camera Participantes na ruta do pasado sábado, no castro de San Cibrán de Lás.
O ViñoBus percorreu, neste mes de setembro, o mosteiro de San Clodio, en Leiro, o día 14, e os castros de San Cibrán de Lás, en San Amaro, e de Santa Lucía, en Castrelo, o pasado día 21.

O servizo turístico ViñoBus que promoven a Ruta do Viño e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro rematará nesta vindeira fin de semana a súa andaina de itinerarios programados para o mes de setembro. Deste xeito, a última viaxe partirá este sábado, día 28, da cidade de Ourense, cun percorrido orientado para que os visitantes poidan descubrir as grandes xoias da arquitectura barroca.

Con saída dende o Parque de San Lázaro ás 9,15 horas, a expedición desprazarase ata a localidade de Pazos de Arenteiro, no municipio de Boborás, e declarada conxunto histórico artístico, complementándonse esta visita con degustacións de viño nas adegas Pazo Tizón, Terra do Castelo e Priorato de Razamonde. A ruta disporá de guía e as inscripcións para participar, cun prezo de 15 euros, pódense solicitar no portal de ataquilla.com.

O ViñoBus percorreu, neste mes de setembro, o mosteiro de San Clodio, en Leiro, o día 14, e os castros de San Cibrán de Lás, en San Amaro, e de Santa Lucía, en Castrelo, o pasado día 21.

Te puede interesar