Os viños de caste de O Ribeiro centran una sesión na Coruña

O Palacio de Exposicións e congresos da Coruña (Palexco) acolle hoxe unha cata adicada ós viños brancos e tintos de caste autóctona da Denominación de Orixe Ribeiro, que foron calificados de ‘excelentes’ polos técnicos.
Os viños da Denominación de Orixe Ribeiro serán os protagonistas da sesión que se desenvolverá hoxe no ‘IV Salón dos Viños e Augardentes de Galicia’, que se está a celebrar no Palacio de Exposicións e Congresos de A Coruña (Palexco).

A xornada iniciarase ás sete do serán co acto de apertura, e unha hora máis tarde terá lugar unha cata dirixida por Pablo Vidal, director técnico do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.

Baixo o epígrafe ‘A pluralidade’, iste enólogo conducirá a proba de caldos monovarietales, concretamente os elaborados con uvas das castes treixadura, albariño, godello, mencía e sousón. A continuación, na mesma sede do Palacio de Congresos da cidade herculina realizarase a entrega do premio da Asociación de Empresarios de Hostelería da provincia de A Coruña, que nesta edición recaeu nun restaurante que amosou a mellor carta de viños da denominación Ribeiro.

Excelencia

Por outra banda, fontes do consello regulador con sede en Ribadavia lembraron que a colleita procedente da vendima do ano 2007 foi calificada de ‘excelente’. E apuntan que esta valoración obtívose ‘en base ós informes técnicos resultantes das calificacións organolépticas que se realizan periódicamente na sede do propio consello’.

Te puede interesar