Xacobe Ribeiro repite como responsable do BNG na comarca

Oo BNG pon fin a un proceso de renovación da dirección comarcal

O BNG do Ribeiro, en asemblea aberta a toda a militancia, elexiu novo organismo de dirección. O edil nacionalista no Concello de Leiro, Xacobe Ribeiro, continuará como máximo responsáble da organización na comarca, ocupando o segundo posto a concelleira de Ribadavia, Maite Rodríguez. A lista complétana Anxo Collarte, Purificación Álvarez, Marcelino Sanmarful, Esteban Suárez, Xoan Carlos Martínez, Palmira Fernández, Emilio Lores e Xurxo Gómez.

Deste xeito, o BNG pon fin a un proceso de renovación da dirección comarcal no que participou a imensa maioría da afiliación da organización da comarca.

“Este novo consello comarcal enfrenta os retos de continuar pelexando, tanto nas rúas como nas institucións, por unha comarca con futuro, na que se garanta unha forma de vida digna para a veciñanza”, sinalan.

Te puede interesar