Xornadas para fomentar o cooperativismo no Ribeiro

A Mancomunidade do Ribeiro, a través da Oficina de Fomento e Promoción do Cooperativismo, pon en marcha unhas xornadas cooperativas nunha comarca pioneira neste movemento asociativo. Ó longo do próximo mes de outubro desenvolveranse diversas charlas informativas abertas á participación de todos os interesados, co fin de explicar as novidades legais relacionadas co modo de producción das cooperativas. As xornadas celebraranse na sede da Mancomunidade sita en Fondal de Beade.
A primeira das sesión terá lugar o próximo día 2 de outubro, ás 18,00, horas e versará sobre a participación das mulleres nas cooperativas tanto na súa creación como asumiendo postos de dirección.En datas posteriores tratarase o plan contable e o análisis da problemática actual.

Te puede interesar