mejoras

A Xunta investíu dous millóns de euros en obras para Melón

As melloras no mosteiro de Melón, abastecemento en Quins e cámping municipal, entre as obras destacadas

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu no seu despacho ao novo rexedor do concello ourensán de Melón, Emilio Luís Díaz Vidal. O propósito deste encontro, como lle explicou Díaz Mouteira ao alcalde, é “coñecer aos rexedores que exercen o seu cargo por primeira vez na provincia, co obxectivo de saber cales son as súas demandas e proxectos para os próximos meses”.

Esta xuntanza enmárcase nunha rolda de contactos cos alcaldes da provincia que a delegada territorial iniciou a mediados do pasado mes de xuño, logo da constitución das novas corporacións locais, co fin de facer balance da colaboración autonómica durante os últimos catro anos, así como analizar a marcha daqueles proxectos que o Goberno galego está a desenvolver neles. Marisol Díaz recordou as achegas cifradas en máis de dous millóns de euros que a Xunta destinou ó Concello de Melón, dos que case 900.000 euros foron a través de ordes de subvencións; uns 700.000 euros vía convenios e pouco máis de 350.000 euros concedidos ao abeiro de outras actuacións.

Dos proxectos realizados en Melón que recibiron axudas do Goberno galego, Díaz Mouteira subliñou os relativos as actuacións levadas a cabo ao longo destes últimos anos no Mosteiro de Santa María de Melón, así como a mellora do abastecemento en Quins e no cámping municipal, o Plan Urbe executado no Camiño Real entre os núcleos de Melón e A Ponte, a mellora de eficiencia enerxética, da rede eléctrica e do alumeado público e actuacións de prevención e defensa contra incendios. A deelgada expresoulle a Emilio Díaz o seu desexo de continuar a traballar de xeito coordinado coa Administración local para dar resposta ás demandas da veciñanza do seu municipio.

Te puede interesar