A Xuntanza Internacional de Bandas arranca hoxe polo Portal

A música constitúe o centro de actividades lúdicas das Festas doPortal. Neste ámbito Ribadavia volve ser un referente na programación de bandas populares, que ano tras ano supoñen un éxito de público nos escenarios do palco de música da Alameda e do auditorio do Castelo. Co gallo do 170 aniversario da Banda La Lira desenvolverase unha Xuntanza Internacional de Bandas entre os días 8 e 10. A banda anfitriona iba a inagurar onte os festexos cun pasarrúas que houbo que suspender por causa da chuvia.
Nembargantes, a festa continúa e na programación destaca a Xuntanza Internacional de Bandas Populares, empezando hoxe coa Banda de Vilatuxe (Lalín) e La Lira de Ribadavia. Ambas ofrecerán un desfile e de seguido un concerto no auditorio do Castelo.'La Lira é a decana das bandas de música galegas e atópase nun proceso de renovación coa incorporación de novos intérpretes e a ampliación do seu repertorio musical e do seu elenco instrumental', apuntou o concelleiro de Cultura, Anxo Collarte.

Te puede interesar