Colección de láminas con La Región

Arturo Noguerol, por Acisclo Manzano

ACISCLO1
photo_camera Acisclo Manzano retrata a Arturo Noguerol.
Nove artistas contemporáneos retratan a nove membros da que foi a xeración máis importante no desenvolvemento cultural da galicia dos últimos séculos. 

A lámina de Arturo Noguerol (1892-1936) chegará o 20 de xuño, da que se encargou Acisclo Manzano (Ourense, 1940). A casualidade quixo que ambos viviran no mesmo barrio de Ourense, pero o destino e a guerra civil, na que Noguerol morreu “paseado” impediu que se coñeceran. “Síntome herdeiro daquela xeración e moi identificado con eles. Ate levo o mesmo sombreiro”, comenta con humor Acisclo Manzano, quen desenvolveu o seu retrato con xiz sobre lousa. “Quería deixar plasmado ese carácter de discípulo, de alumno que pinta no encerado o que aprende dos mestres”.

arturo-noguerol-lamina-25,5x35cm

Os rostros de Nós

Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Castelao, Xocas, Ben Cho Shey, Losada Diéguez, Ramón Cabanillas, Florentino Cuevillas, Arturo Noguerol... conformaron dende diferentes campos as bases da identidade e a cultura galega contemporánea. E todos eles comezaron dende Ourense, a través da revista “Nós”, a publicación que deu nome a que, sen dúbidas é a xeración máis importante e diversa da literatura, das artes, do pensamento, do desenvolvemento científico na nosa historia.

La Región rende homenaxe a esa xeración, cunha colección de retratos de nove dos membros da Xeración Nós, vistos por artistas contemporáneos: Acisclo Manzano, Alba Fernández, Antón Pulido, Baldomero Moreiras, César Taboada, Javier A. Varela, Manuel Caride, Manolo Figueiras y Xosé Vilamoure. os autores deses retratos explícannos cales foron as súas fontes de inspiración, o que representan para eles esas figuras senlleiras que coa súa man recobran unha nova imaxe, cen anos despois de que puxeran en marcha nunha Galicia fondamente atrasada, un movemento cultural que chegou a ter unha gran transcendencia no seu tempo mesmo máis aló das nosas fronteiras e que tivo en Ourense un dos seus principais focos.

Te puede interesar