Colección de láminas con La Región

Ben Cho Shey, por Manolo Figueiras

benchosey
photo_camera Manolo Figueiras retrata a Ben Cho Shey.
O derradeiro domingo de xuño chegará aos lectores a lámina de Ben Cho Shey.

No derradeiro domingo de xuño, co exemplar do periódico entrégase a lámina adicada a Ben Cho Shey, pseudónimo de Xosé Ramón Fernández Oxea (1896-1988), membro da Xeración Nós que retratou Manolo Figueiras (Ourense, 1961).

O seu retrato é un óleo sobre táboa, no que vemos ao protagonista traballando nunha biblioteca. “Foi un home moi polifacético: poeta, ensaísta, investigador da arte e a arqueoloxía, e tamén sufriu represalias polas súas ideas galeguistas e pola súa implicación coa cultura galega. Alongado do seu traballo de campo, na biblioteca, vémolos traballar sen folgos nin tristura”.

ben-cho-shey-lamina-25,5-35cm

Os rostros de Nós

Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Castelao, Xocas, Ben Cho Shey, Losada Diéguez, Ramón Cabanillas, Florentino Cuevillas, Arturo Noguerol... conformaron dende diferentes campos as bases da identidade e a cultura galega contemporánea. E todos eles comezaron dende Ourense, a través da revista “Nós”, a publicación que deu nome a que, sen dúbidas é a xeración máis importante e diversa da literatura, das artes, do pensamento, do desenvolvemento científico na nosa historia.

La Región rende homenaxe a esa xeración, cunha colección de retratos de nove dos membros da Xeración Nós, vistos por artistas contemporáneos: Acisclo Manzano, Alba Fernández, Antón Pulido, Baldomero Moreiras, César Taboada, Javier A. Varela, Manuel Caride, Manolo Figueiras y Xosé Vilamoure. os autores deses retratos explícannos cales foron as súas fontes de inspiración, o que representan para eles esas figuras senlleiras que coa súa man recobran unha nova imaxe, cen anos despois de que puxeran en marcha nunha Galicia fondamente atrasada, un movemento cultural que chegou a ter unha gran transcendencia no seu tempo mesmo máis aló das nosas fronteiras e que tivo en Ourense un dos seus principais focos.

Te puede interesar