Elecciones Municipales 2023

28M | Entrevista a Luis Seara (BNG): "A xente o día 28 vai apostar polo cambio"

O candidato do BNG á alcaldía de Ourense explica cómo afronta o inicio da campaña electoral e os obxectivos para o 28 de maio

O candidato do BNG á alcaldía de Ourense, Luis Seara, analiza para La Región o inicio da campaña electoral dos comicios municipais do próximo 28 de maio. O nacionalista asegura que afrontan estas próximas semanas con "esperanza e ilusión" para "ilusionar aos veciños" de Ourense e provocar un "cambio necesario". 

Como afronta o inicio de campaña?

Con moita ilusión. O BNG ten un proxecto transformador para Ourense e estamos convencidos de que a xente o día 28 vai apostar polo cambio, por abrir unha porta ao futuro, abrir un tempo novo de esperanza e ilusión. Polo tanto, nós, nesa medida tamén temos a ilusión necesaria para ilusionar ás veciñas e veciños. 

Que levou a tomar a decisión de presentarse?

En primeiro lugar porque é unha decisión do conxunta da organización, da militancia. Tamén pola situación de Ourense. Hai dúas alternativas, rebelarse ou resignarse. Eu non son de resignarme e polo tanto eu revélome e intento dar o mellor de min e por, na medida das miñas posibilidades, en provocar ese cambio necesario en Ourense. 

Onde van pór o foco?

A raís das escoitas e dos audios que publicou o diario La Región a campaña cambia sustancialmente. É máis difícil falar de proxecto e de programa. Polo tanto agora a disyuntiva é dicirlle a xente que o día 28 ten que tomar unha decisión que é enormemente trascendental para o futuro de Ourense. Van a ter que decidir entre a rexeneración política, a decencia, a dignidade que representamos uns ou a corrupción política e o nepotismo que representan outros. 

Que sensacións respira nas rúas?

Hai pesadume na xente porque unha vez máis Ourense aparece nos titulares dos xornais e mesmo nas televisións de fora de Galiza para mal. Cando Ourense ten un inmenso potencial, unha xente marabillosa. Ourense non pode ser a imaxe de Baltar nin a imaxe de Jácome. Queremos que haxa ese movemento telúrico que acabe provocando un movemento nas urnas unha resposta masiva nas urnas o 28 de maio precisamente para poder decirlle a xente que Ourense é fantástico, marabilloso, unha cidade e un concello cun enorme potencial, cunha xente hospitalaria. Esa é a imaxe que eu como alcalde quero trasladar ao resto da cidadanía. 

É reversible a situación na que se atopa Ourense?

Absolutamente. Se non fora así eu non estaría agora presentándome como candidato á alcaldía. É reversible. É absolutamente necesario como o beber porque estamos nunha situación límite. O Concello leva asomado a ese precipicio durante moito tempo. É un concello que vive na parálise, no colapso e que ademais agora é exemplo de malas prácticas e corrupción política. E fronte a eso estamos aqueles que temos un proxecto transformador e ilusionante para Ourense e para devolverlle aos veciños e veciñas esa autoestima perdida durante tanto tempo que lles permita recuperar o orgullo. 

É posible un Ourense orgulloso?

É posible e necesario. O Bloque Nacionalista Galego está na situación de devolverlle a autoestima e o orgullo aos veciños e veciñas de Ourense. Onde nós temos responsabilidades de goberno, algo que é absolutamente constatable, mellora a calidade de vida das persoas, aumenta o seu nivel de satisfacción e tamén de esixencia. Eso é importante. Recibir ese feedback. Tamén aumenta a autoestima e polo tanto o orgullo. 

Te puede interesar