O accidente afectou a unha escultura sita na isleta

accidente
photo_camera O automóvil involucrado no accidente, xunto á escultura.

A obra, de Xosé Cid, será restaurada polo Concello de Ourense

A escultura de Xosé Cid, colocada nunha isleta na confluencia das rúas Emilia Pardo Bazán e A Canle, será reposta polo Concello de Ourense no seu lugar habitual logo de que, na mañá deste xoves, se vise afectada pola saída de vía dun vehículo pasadas as 13:00 horas.

Aínda que nun primeiro momento non se detectou dano ningún na escultura, detectáronse deficiencias na base sobre que se asenta. Unha vez reforzada a base de formigón, a obra de Cid Menor (autor, entre outras, da estatua a Eduardo Blanco Amor nos xardíns de Bispo Cesáreo), datada en 1986 e que pasou moito tempo na praza de Paz Nóvoa, será reposta coa maior brevidade posible.

Te puede interesar