A oposición repróchalle que, porén, destine o 30% do presuposto municipal á mancomunidade

O alcalde de Leiro rexeita as propostas de rebaixar tasas

O alcalde de Leiro e presidente da Mancomunidade do Ribeiro, Francisco José Fernández. (Foto: ARCHIVO)
O grupo municipal do PSdeG de Leiro considera que a Mancomunidade do Ribeiro 'é o verdadeiro cancro que está levando a ruina ó Concello, xa que o goberno municipal aprobou unha modificación de crédito de 68.000 euros para a mesma, facendo un total de 226.000 euros anuais, máis do 30% do presuposto municipal'.
O portavoz socialista, Manuel Rodríguez, fai estas declaracións despois de que o grupo de goberno municipal, que preside o popular Francisco José Fernández, tamén presidente da institución comarcal, rechazase unhas propostas deste grupo da oposición para rebaixar algunhas tasas ós veciños, 'para que non se vexan perxudicados pola suba de tasas de auga, lixo e alcantarillado', puntualizou o edil.

O grupo de goberno rechazou que o Concello asuma a suba do IPC, o 3,4% das diferentes tasas pese a que, segundo apuntan os socialistas, 'os cidadáns de Leiro teñen que soportar a suba do IVA, asi como o novo canon da auga aprobado pola Xunta o 22 de xuño de 2012, e o coeficiente de verquido que lle vai a supoñer pagar máis dun 140%, sendo os da empresa concesionaria os únicos que van a sacar tallada deste asunto'.

Este grupo da oposición tamén propuxo outras líneas de bonificación, igualmente rexeitadas, como un 30% de desconto para discapacitados, pensionistas, xubilados e familias numerosas que non poideran sobrepasar os 680 euros de renda, e 916 euros o que é o nucleo familiar, e un 10% de bonificación para os desempregados do municipio.

Por eso, o PSdeG reprocha ó alcalde que rechazando estas medidas en favor dos veciños destine tantos cartos á Mancomunidade do Ribeiro.


NEGOCIACIÓNS

O alcalde e presidente da institución comarcal, Francisco José Fernández, declarou que o Concello non ten capacidade para asumir o IPC que, según dixo, noutros concellos como Allariz supón unha subida superior a de Leiro.

O rexidor avala a súa xestión ó frente da institución comarcal asegurando que se prestan mellores servizos e máis baratos. No obstante, o abandono dos concellos de Ribadavia, Carballeda de Avia, Melón, Avión e o máis recente, Castrelo de Miño, deixou á Mancomunidade con escasa participación comarcal, quedando reducida a Leiro, Arnoia, Cenlle, Beade e Cortegada, que son os que agora deben cubrir os costes dos servizos, por eso, Francisco José Fernández apunta que negocia nistes intres con outros dous concellos de fora do Ribeiro, dos que aínda non pode adiantar quén son, pero que, segundo asegura o rexidor, 'están interesados en incorporarse a esta mancomunidade e interésalles porque os servizos son máis baratos'. Desta maneira pretende reforzar a institución comarcal con novas adhesións.

Te puede interesar