ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
LINGUA GALEGA
Décadas despois de que se declarase a oficialidade da lingua propia de Galicia, aínda planean moitas sombras e prexuízos sobre o idioma. O galego atravesa unha situación de diglosia que se manifesta nas últimas estatísticas dispoñibles. O seu uso supera o do castelán no ámbito familiar, mais este nivel de emprego cae cos amigos e no traballo.
Son datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), que analizou o emprego dos idiomas no último censo. A provincia de Ourense, coma o resto de Galicia, debuxa un panorama de bilingüismo, pero as circunstancias desta convivencia non son as mesmas para as dúas linguas.
No ámbito familiar, a dominancia é -por pouco- do galego. O 86% dos ourensáns falan a lingua propia na casa, ben de xeito exclusivo (40%) ou alternándoo con outro (46%). Mentres tanto, o 85% dos habitantes empregan o castelán. Cos amigos, o uso do galego medra ata o 88%, mentres que o do castelán dispárase ata o 90%.
Isto non sucede no ámbito profesional, onde o emprego do galego cae entre cinco e sete puntos porcentuais. Os galegofalantes abandonan o seu idioma para traballar. O 81% dos ourensáns utilizan a lingua no seu posto de emprego: o 54%, de xeito ocasional, mentres que só o fai de xeito exclusivo o 27%. Ollo ao seguinte dato: preto de 20.000 ourensáns renuncian a falar en galego no desenvolvemento da súa profesión malia empregalo cos seus parentes ou amigos.
As cifras demostran unha clara situación de diglosia, é dicir, a consideración de que unha lingua -neste caso o galego- é inferior a outra máis prestixiosa. Veñen a complementar os datos que publica o Instituto Galego de Estatística (IGE), que amosan como os falantes foron caendo dende comezos de século, cando o 75% dos ourensáns utilizaban máis o galego ca o castelán. Esta porcentaxe xa baixaba do 61% en 2018.
Aínda que un dos principais retos que afronta o galego é a transmisión xeracional, o certo é que a mocidade é o grupo poboacional que menos renuncia a falar galego no traballo. Só o 11% dos ourensáns menores de 20 anos evitan a linguapropia, fronte a un 14% da poboación de 20 a 39 anos, un 13% da poboación de 40 a 59 anos e un 28% dos maiores de 60 anos.
Isto contrasta coas preocupantes tendencias en canto a comprensión e coñecemento sobre o idioma. De entre os menores de 20 anos, o 4,3% non entende o galego, o 14,4% non o le, o 6% non o fala e o 15,9% non escribe na lingua de Galicia. Son, con diferenza, as peores porcentaxes de todas as franxas. Isto pon sobre a mesa unha preocupación: a do futuro do galego, a caída do seu uso e a conservación de prexuízos que o relegan a unha segunda fila.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)
PRESUPUESTO DE 400.000 EUROS
A Veiga mejora los servicios destinados a emprendedores
Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
¿Puede un copropietario al 50 % solicitar el desahucio por impago pese a la oposición del otro?
DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga