LLEGADA DE LA ALTA VELOCIDAD

Alexandra Fernández: "Defendemos a chegada do AVE a través da variante"

A voceira de En Marea no Congreso explicou que esta daría opción a "outro modelo urbanístico que cremos que é imprescindible para coser a cidade"

A voceira no Congreso de En Marea Alexandra Fernández, compareceu hoxe ante os medios na estación de San Francisco sobre as declaracións do ministro de Fomento, Íñigo De la Serna sobre a variante exterior. Explicou que dende o seu partido defenden "a chegada do AVE a través da variante" co obxectivo de "liberalizar o corredor de acceso que está actualmente vixente" para abrir "a posibilidade de outro modelo de cidade". 

Explicou que abrir este corredor dará a opción de "crear espazos verdes e ppúblicos, e espazos con equipamentos colectivospara a cidade". Consideran que esto daría a oportunidade a "outro modelo urbanístico que cremos que é imprescindible para coser a cidade"

Te puede interesar