A alfabetización dixital chega ata outros 16 concellos

Un total de 16 concellos ourensáns asinaron xa o convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para adherirse á Rede de centros de modernización e inclusón tecnolóxica (Cemit), que ten como obxectivo promover o uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación na poboación, especialmente nos colectivos onde a fenda dixital se presenta como máis evidente.
No último mes os municipios de Beariz, Castrelo de Miño, Xunqueira de Ambía, Castro Caldelas, Celanova, Verín e Carballiño asinaron o protocolo de colaboración para incorporarse á Rede e súmanse así aos concellos de A Bola, Boborás, Manzaneda, Sarreaus, Vilar de Santos, Allariz, O Barco de Valdeorras, Leiro e Ribadavia, que xa formalizaran a súa incorporación no mes anterior.

Na actualidade son 89 concellos adheridos que ofrecen 94 aulas de acceso público ás novas tecnoloxías. A Rede conta cun orzamento de máis de 960.000 euros en 2011.

Coa sinatura destes convenios ultímanse as actuacións previas necesarias para a posta en marcha da Rede. Unha vez formalizado o convenio o seguinte paso para poder iniciar as actividades será que os concellos completen os trámites, nun prazo máximo de dous meses, para contratar ao Axente TIC, profesional que atenderá o centro.

Te puede interesar