Amoeiro terá pista de patinaxe

O Concello de Amoeiro presentou recentemente a súa programación de Nadal 2021. A gran novidade respecto doutros anos é que nesta edición dos Xogos de Nadal -que se celebrarán do 21 ao 29- ademais de inchables e outras actividades, o pavillón municipal contará cunha pista de patinaxe sobre xeo. Outras actividades que se celebrarán durante estas datas son a visita de Papá Noel a Amoeiro o día 24, a dos Reis Magos o día 5 de xaneiro ou a ruta BTT xa o 2 de xaneiro. n

Te puede interesar