Prometeulles presencia na dirección se gaña

Baltar Blanco ten o apoio da maioría de Novas Xeracións

 O candidato á presidencia do PP, Xosé Manuel Baltar, con membros de Novas Xeracións.
Os compromisarios electos de Novas Xeracións do Partido Popular na provincia manifestaron onte o seu apoio maioritario á candidatura que lidera Xosé Manuel Baltar á presidencia do PP de Ourense, nun acto que tivo lugar na Praza de San Antón, na capital ourensá. Polo menos así o asegura o propio candidato, que di estar satisfeito co apoio dos xoves populares, que lle axudarán, di, a obter o triunfo o día 30.

No acto, catro representantes dos xoves, á fronte dos cales estaba o coordinador provincial de Novas Xeracións da provincia, Roberto Ameijeiras, leron unha declaración de apoio ao proxecto político de Baltar Blanco, afirmando que supón un ‘abrir fiestras, unha entrada de aire renovado, que ven da man dun político que conecta coa xente’.

Compromisarios O acto contou coa presenza dos 28 compromisarios electos fixos de Novas Xeracións que apoian a opción de Baltar (dos 49 que terían voto no plenario, entre os que 16 son compromisarios do outro candidato, Jiménez Morán), o que representa, di, o 57% do total. Tamén respaldaron a Manuel Baltar os 16 xoves da cidade de Ourense que non foron elixidos compromisarios, proceso impugnado.

Na súa intervención, o candidato Baltar Blanco pediu que se gardase un minuto de silenzo polas víctimas do terremoto de Haití, e tras agradecer o apoio dos xoves, anunciou que contará con eles na dirección do PP de Ourense se gaña as eleccións do día 30: ‘A mellor mostra de que se conta con vós é que no novo Comité de dirección do PP de Ourense, que xurdirá a partires do 30 de xaneiro, quero que haxa un representante de Novas Xeracións, porque a voz da xuventude tense que oír alto e forte na nova organización do PP de Ourense’.


Te puede interesar