Baltar Blanco ve ‘cínica’ a actitude de PSOE e BNG sobre os xulgados de Ourense

José Manuel Baltar Blanco, coordinador do PP de Ourense, calificou onte como ‘nova aldraxe a Ourense’ o voto en contra, no Pleno do Parlamento Galego, de socialistas e nacionalistas á solicitude ó Ministerio de Justicia da creación dun xulgado de violencia de xénero na cidade.
‘Socialistas e nacionalistas, con respecto á Ourense, fan sempre o contrario do que dicen -afirma Baltar Blanco-. Reiteradamente diante dos medios reclaman o xulgado de violencia de xénero pero cando hai que comprometerse, cando hai que votar, fanno sempre en contra dos intereses ourensáns’.

Baltar Blanco falou de ‘nova mostra de cinismo político’ dos socialistas e nacionalistas ourensás e invocou ó diario de sesións do Pleno do Parlamento, onde quedan rexistradas as intervencións e o resultado das votacións, ‘como proba da contradicción de quen fai o contrario do que dice, burlándose así dos cidadáns de Ourense’. A votación tivo lugar onte pola tarde ante unha iniciativa do Partido Popular que pretendía instar á Xunta de Galicia a que elevara proposta formal ao Ministerio de Xustiza para a creación desa unidade xudicial e a que continuara coa construcción do Edificio Xudicial de Ourense, contemplplado no Plan de Infraestructuras posto en marcha polo executivo autonómico popular.


Te puede interesar