35 ANOS DE ESTATUTO DE AUTONOMÍA

Festexando os ‘35' do Estatuto

Tal día coma onte, 6 de abril, pero de 1981, aprobouse o Estatuto de Autonomía, peza angular da convivencia dos galegos xunto coa Constitución; unha data que a Deputación quixo celebrar con alumnos da provincia. 

Os versos do bardo de Bergantiños, interpretados polo coro do colexio Padre Feijóo- Zorelle, abriron onte o telón no centro cultural Marcos Valcárcel para conmemorar o 35 aniversario do Estatuto de Autonomía de Galicia, "un texto que nos deu desenvolvemento social, económico e cultural nestes anos", explicou Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense. 

A institución provincial sumouse á celebración facendo entrega dos premios "Estatuto de Autonomía para Galicia", que convoca por terceiro ano consecutivo, nas modalidades de debuxo e redacción. Baltar destacou que a Deputación foi a única institución galega que quixo facer unha homenaxe a este marco normativo "que nos definiu xa daquela como nacionalide histórica dándonos un importante teito e ámbito competencial", explicou. 

Os participantes do certame, alumnos de colexios da provincia, botaron man da súa imaxinación para elaborar os seus traballos creativos, que tentaban recoller o espíritu da vida diaria no Parlamento e das súas leis. "Inspireime na bandeira de Galicia e na xente que aglutina o Parlamento, que representa a tódala comunidade galega", destacou Noa León, alumna do Padre Feijóo- Zorelle que acadou o primeiro premio na categoría de debuxo en Educación Primaria. En Educación Especial, o primeiro posto foi para Leandro Manuel Ferreira, do centro do Pino. "O arte e a música son para min unha forma de expresión e Galicia está chea de arte polo que deixei fluir a miña mente á hora de debuxar", explicou o xove. A lista dos premiados completouna Silvia Araújo, do colexio Sagrado Corazón do Carballiño, alzándose co primer premio na modalidade de redacción. 

Nesta ocasión, o xurado estaba composto por Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación, en calidade de presidente, e Manuel Doval, deputado de cultura, en calidade de vicepresidente. 

"O Parlamento de Galicia, a nosa casa" foi o lema do certame deste ano, que contou coa presenza, entre outras autoridades, do subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e do xefe do lexislador galego, Miguel Santalices, que explicou aos rapaces que festexos se celebrarían onte en Santiago, no Parlamento, por mor do 35 aniversario da norma galega. "Por primeira vez e tras estar tódolos grupos políticos dacordo farase entrega da Medalla do Parlamento aos expresidentes da cámara, entre eles, os ourensáns Tomás Pérez Vidal e Victorino Núñez, a título póstumo", explicó Santalices. 

En definitiva, unha ocasión que as autoridades aproveitaron para dar unha lección distendida aos cativos do funcionamento da cámara galega. Baltar quixo facer especial fincapé na importancia do consenso para tomar decisións. "Estiven na comisión de reforma do Estatuto no periodo 2005-2009 pero que ao final non se puido levar a cabo porque facían falta o apoio das dúas terceias partes do parlamento, o que garantiza a súa estabilidade e seguridade xurídica", explicou.

Santalices, como presidente do Parlamento, quixo trasnmitirlles a importancia desta data, o 6 de abril de 1981, que posibilitou que o 19 de decembro dese mesmo ano se constituira o Parlamento de Galicia e, por conseguinte, o benestar social. "O Estatuto de Autonomía é unha constitución adaptada ao que son as pecularidades de Galicia creando un marco normativo que nos permite desenvolver uns teitos competenciais importantes como poden ser os de sanidad e educación", explicou Santalices.

Os cativos marchaban así coa lección aprendida para casa non sen antes volver afinar as súas cordas vocais para cantar o himno da provincia, "Ourense no solpor". E como bos alumnos recibiron un pequeno agasallo: "Os soños na gaiola", do poeta Manuel María, ao que este ano se se adica o Día das Letras Galegas. 

Te puede interesar