Baltar: "O PP é a única forza que ten un proxecto en marcha a favor de Ourense"

_DSC1874_result
photo_camera Viso, Baltar e Tellado, no acto en Allariz.

Os populares celebraron o mitin da xornada en Allariz, onde o presidente provincial afirmou que “percorremos toda a provincia coñecendo as necesidades dos ourensáns e fixando obxectivos"

No ecuador da campaña electoral para as eleccións do 26 de xuño, o Partido Popular de Ourense achegouse ata Allariz para presentar o seu programa de intencións cara a un próximo goberno popular. Unha cita na que o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, salientou a falta de compromiso dos candidatos das outras formacións coa provincia, a diferenza do PP que é “a única forza que ten un claro proxecto en marcha a favor de Ourense”.

Manuel Baltar, acompañado polo secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, e pola voceira popular no Concello de Allariz, Luz Doporto, afirmou que o lema do Partido Popular para estas eleccións “resume á perfección o espírito do noso partido, porque só pensamos a favor de Ourense e cremos en Ourense”. Esta é, dixo, a gran diferenza frente a outras opcións que no seu programa só teñen un único punto, “impedir que goberne o PP aínda que de novo gañe as eleccións”.

Esa diferenza, explicou Baltar, baséase ademais nun partido forte e dinámico, que non espera a unhas eleccións para traballar polos seus. “Os populares percorremos toda a provincia facendo partido, coñecendo as necesidades dos ourensáns, fixando obxectivos e por iso estamos en condicións de acreditar que temos as mellores propostas para conseguilos”, engadiu Manuel Baltar, para quen está claro porque Ourense foi a segunda provincia española en apoio ao PP nos comicios de decembro.

O número uno ao Congreso, Miguel Ángel Viso, centrou a súa intervención no ámbito económico, aspecto que marcou hoxe a súa axenda de campaña e á do número dous da lista,Celso Delgado. Ambos os dous viaxaron ata Valdeorras para visitar na Rúa e no Barco tres importantes empresas da bisbarra da industria da alimentación.

Miguel Ángel Viso explicou que as visitas realizadas nestes días a empresas da provincia permitíronlle “descubrir, a min e aos meus compañeiros, que importantes empresas con negocios no exterior apostaron por instalarse en Ourense, outras creadas por ourensáns teñen un acreditado prestixio nacional e internacional e outras máis son a mellor proba da calidade da nosa industria agroalimentaria”.

Por todas estas razóns, engadiu o candidato, “o PP presenta un programa a favor das pemes, que son máis do 90 % das empresas desta provincia e dos autónomos, o que é o mesmo que facelo polo emprego”.

Te puede interesar