Barbadás subvencionará o Rally a pesar do reparo do interventor

"Cohete" Suárez, a su paso por Barbadás en la pasada edición del Rally de Ourense (Foto: Archivo).
photo_camera "Cohete" Suárez, a su paso por Barbadás en la pasada edición del Rally de Ourense (Foto: Archivo).
A votación saíu adiante grazas ao voto de calidade do alcalde de Barbadás, o socialista Xosé Carlos Valcárcel, xa que houbo os mesmos si ca nons

O pleno do concello de Barbadás decidiu onte levantar o reparo do interventor e aprobar un crédito extraordinario de 12.000 euros para subvencionar as edicións do 2022 e 2023 do Rally de Ourense. A votación saíu adiante grazas ao voto de calidade do alcalde, o socialista Xosé Carlos Valcárcel, xa que houbo os mesmos sis (os sete do PSOE e un de DO, grupo co que teñen un pacto) ca nons (seis do PP e dous do BNG), ademais da abstención de Ramón Padrón, único concelleiro do Partido Galego. Ademais, tamén saíron adiante un plan estratéxico de subvencións en eidos como comercio, cultura, educación, deportes ou servizos sociais, que ten que ir a pleno por esixencia da Unión Europea, así como a aprobación dun suplemento de crédito de 12.000 euros para subvencións a clubes e eventos deportivos.

Outro punto relevante foi a aprobación da transferencia de crédito para facer fronte ás actualizacións salariais de relación de postos de traballo e incrementos marcados dende a administración central para o funcionariado, que tamén saíu adiante cos votos de PSOE, DO e o PG, absténdose o resto dos grupos.

Na parte das mocións debatiuse unha do Partido Popular na que se reclama a retirada dos entullos e demais verquidos ilegais situados na baixada ao campo de fútbol. As outras dúas mocións presentounas o BNG, unha relativa á mellora de varias rúas, concretamente a travesía do Viso e a rúa San Bernabé; e a outra fixo aos grupos debater sobre a deficiente cobertura de teléfono en determinadas parroquias do concello.

Martes de Entroido e San Martiño serán os festivos locais en Barbadás

O pleno de Barbadás tamén decidiu onte os festivos de designación local. Foron escollidos o Martes de Entroido, que cae este ano a 13 de febreiro, e o día 11 de novembro, San Martiño. Esta elección foi aprobada por unanimidade dos cinco grupos municipais. 

Te puede interesar