PREMIO LITERARIO

O ‘Blanco Amor' de novela busca a súa supervivencia

O Concello de Redondela presentará diversas propostas para lograr a implicación dos concellos.

No ano 1981, o Concello de Redondela tivo a idea de convocar o Premio Blanco Amor de Novela Longa, o premio literario mellor dotado de toda Galicia, cun importe na actualidade de 12.000 euros. Hoxe, máis de tres décadas despois, volve asumir non só o reto de organizalo, senón tamén de lograr que non desapareza tentando involucrar aos concellos galegos na súa convocatoria. E para iso conta co apoio da Deputación de Ourense.

A dinámica do premio consistía nunha aportación económica dos concellos adheridos, entre 20 e 40 ao longo dos anos (número que foi baixando), de 365 euros, e o organizador saía dun sorteo. Agora, o alcalde de Redondela, Javier Bas, vai presentar unha proposta nova para conquerir un maior apoio e a supervivencia do premio. "O primeiro é lograr que haxa un determinado apoio de institucións supramunicipais para a organización do premio, unha maior difusión para que sexa máis coñecido, e unha proposta para o ano que ven para que os concellos de ata dez mil habitantes aporten 200 euros; de 10 a 50.000, 300 euros; maiores de 50.000, 500 euros e as Diputacións mil euros", explicou o alcalde. "A pesar de que o nome de Blanco Amor vai indiscutiblemente ligado a Ourense, a provincia ten unha mínima representación en canto a concellos participantes", engadiu.

Iste ano conmemorase o 35 aniversario do pasamento do autor e por iso, según o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, "dende esta institución imos animar aos 92 concellos da provincia a que se impliquen e comprometan co premio".

O alcalde de Redondela estivo acompañado ademáis polo director xeral de Administración Local, Alberto Pazos; polo director xeral de Política Lingüística, Valentín García; e polo director da Esmorga, Ignacio Vilar.

As bases establecen como prazo de presentación dos orixinais o 1 de setembro de 2014, e o ditame do xurado darase a coñecer no mes de outubro de 2014. 
 

Te puede interesar