Ourense | O BNG solicita a reapertura da comisión de investigación sobre o edificio de San Lázaro

photo_camera
Para a formación nacionalista, a comisión pechada hai semanas "lonxe de aclarar os feitos, xerou moitas máis dúbidas"

Na mañá deste luns, o promotor do edificio sito ao carón da Igrexa dos Franciscanos no Parque de San Lázaro, ven de remitir un escrito no que relata unha serie de acusacións "moi graves", segundo o BNG, sobre determinados funcionarios do departamento de urbanismo.

Igualmente carga contra o anterior concelleiro, Cudeiro Mazaira e mesmo cuestiona o interese e dilixencia da actual responsable, Sonia Ogando, de querer esclarecer os feitos.

Dende o BNG apremian á concelleira a respostar aos escritos e solicitudes formuladas polo promotor e poder así, "clarexar dunha vez por todas o acontecido" ao tempo que afirman que de considerar infundadas as acusacións do promotor, "o lóxico sería que o concello acudise ao xulgado en defensa dos intereses municipais e da propia imaxe da institución".

O Grupo Municipal do BNG pide a reapertura da comisión de investigación, pechada hai algunhas semanas, "e que lonxe de aclarar os feitos, xerou moitas máis dúbidas".¡

 

Te puede interesar