ACTO HOMENAXE

Flores e controversias polo 35 cabodano de Blanco Amor

As alusión de Xesús Alonso Montero á corrupción dos políticos xerou malestar no alcalde e no vicepresidente da Deputación, que defenderon a labor das institución para reivindicar ó escritor

A tradicional ofrenda floral no cemiterio de San Francisco abriu onte as xornadas dedicadas ao escritor Eduardo Blanco Amor polo 35 aniversario do seu falecemento. Pero os actos abríronse con controversia, a que xerou o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, cando, entre outras cuestións, atribuíu no seu discurso a unha cultura "que non é recia e contundente" unha parte da responsabilidade na corrupción de políticos e banqueiros. "Señoras e señores, a política e a economía non son nada importantes. A cultura é o importante", asegurou Alonso Montero, e sentenciou: "Pero non a cultura de Tele5 nin dos xogos florais senón a que nos abre os ollos".

O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, interveu despois de Alonso Montero e respondeu ás críticas os políticos, cun listado de actividades promovidas pola institución provincial en favor de Eduardo Blanco Amor.

Pola súa banda, o representante do Pen Clube Galicia, Luís González Tosar, quen manifestou o seu sentir republicano, resaltou a contribución do escritor ourensán como "unha das maiores glorias da Auria, República Literaria de Galicia", en defensa da cultura galega.

Por último, o titular de Educación, Xesús Vázquez, quen pediu "unha reflexión" á hora de saber o motivo destes actos, defendeu o uso "da palabra" así como a importancia do "legado de Blanco Amor", en "defensa dos principios e dos dereitos".

Te puede interesar