EDUCACIÓN

Cinco centros educativos ourensáns contarán con laboratorio de radio 

Formarán parte dos centros galegos que participan no programa Radio na Biblio

Cinco centros educativos da provincia contarán este curso cun laboratorio de radio na súa biblioteca escolar a través do programa Radio na Biblio. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Dous de esos centros xa formaban parte do programa o pasado ano e tres incorpóranse este curso. 

O CEIP Plurilingüe Curros Enríquez de Celanova, o CEIP Ben-Cho-Sey, de Pereiro de Aguiar e o CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso de A Pobra de Trives son os centros que comezarán este ano coa iniciativa. Do ano pasado seguen con ela o CEIP do Xurés de Lobios e o CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio. 

Te puede interesar