ENTREVISTA/ VIDA

Coanhadeira, la fuerza de la música tradicional

discos_result
photo_camera Los integrantes del grupo de Coanhadeira.

Na actualidade están en plena presentación de "Bicos con luvas", o seu último traballo composto por 11 cancións de autoría propia y novas versións de cancións tradicionais

As orixes da formación Conanhadeira remóntase ao ano 2003 para os concertos expansivos que se fixeron por mor da catástrofe do Prestige. Pero foi a partires do ano 2006 cando empezaron máis en serio no mundo da música incorporando tamén tamén nova instrumentación. Dende entón, grazas á beleza das melodías tradicionais e aos directos cargados de forza, acadaron numerosos galardóns e camiñaron sobre moitos dos principais escenarios folque do sur de Europa, como o Festival de Pardiñas (Galiza), A Carballeira de Zas (Galiza), o Escenario Runas do Festival Intercéltico de Ortigueira (Galiza), Sauga Folk (Colindres, Cantabria), Trobada de Buners (Andorra) ou o Festival Interceltique de Lorient (Francia), entre outros.

Están en plena presentación de "Bicos con luvas", que se atopa o ouvinte neste traballo?
Un xeito propio de entender a música, unha pequena viaxe pola música galega e tamén unha visión de músicas de outros paises dende os ollos dunhos galegos; atópase a forza das melodías tradicionais e tamén temas de composición propia que lle dan outro aire.

A que se debe o título do traballo?
É un dos temas do Cd. Cando propuxemos ese nome a cada un de nós se nos ocurrían distintos bicos e luvas e iso gustounos. É un pouco o resumo do que esperábamos deste Cd, que cada persoa que o escoite lle suxerira algo diferente. 

Temas propios, pero tamén contan con varias colaboracións doutros músicos que poñen o seu aporte...
Si, é o terceiro disco da banda e no que máis temas propios hai, as colaboracións de músicos de primeiro nivel e amigos aportan un plus e axudan a redondear os temas. Tivemos a grande sorte de contar con Diego Pérez no contrabaixo, ao trivés Javier Álvarez no violino e o gran gaiteiro ourensán Gonzalo Abelairas, ademáis da pequena Noela de Maceda e letras de Ugia Pedreira, unha grande da nosa música e Bea Mariño. 

Cal ten sido a vosa evolución nos últimos anos?
Pois dende dentro nótase menos porque imos medrando xuntos pouco a pouco. Pasaron cinco anos dende o noso segundo traballo, así que esperamos que algo puidesemos evolucionar.. Pensamos que os arranxos son máis completos e tamén a formación musical de cada un de nós medrou. De todolos xeitos dende dentro é difícil ver como evolucionamos, eso é mellor que o opine a xente que nos escoita. 

Como ven a situación da música tradicional galega na actualidade?
Cada vez hai máis e mellores músicos e grupos que dan moita riqueza a nosa música xa non só no estilo tradicional, senón no pop, rock, jazz… hai moitísimo talento na terra aínda que segue sendo moi difícil vivir da música. 

Considera que se está a traballar axeitadamente a prol da súa recuperación e promoción?
Nunca se deixa de traballar nese senso, e tamén na sua conservación. 

Algún novo proxecto de Coanhadeira?
Traballamos constantemente para redondear os nosos directos. Agora mesmo estamos centrados en desfrutar do "Bicos con luvas" e que a xente o disfrute con nós pero non deixamos de pensar en montar novos temas que nos leven cara a novas aventuras 

Te puede interesar