Comeza a campaña do 'Nadal solidario' en Chaves e Verín

A Eurocidade Chaves-Verín, promove a realización da campaña 'Nadal solidario, espalle alegría na Eurocidade', destinada a recoller alimentos non perecedoiros e xoguetes que serán repartidos entre as familias flavienses e verinenses máis necesitadas.
Esta campaña asentarase en torno a dúas liñas: colocación de carros solidarios nos supermercados verinenses nos que os veciños podan depositar os seus alimentos perecedoiros (desde o 29 de novembro ao 22 de decembro), e establecemento de puntos de entrega de alimentos no municipio de Chaves (Centro Escolar de Santa Cruz/Trindade -desde o 30 de novembro ao 10 de decembro-, Jardim de Infância de Chaves -durante a xornada do 3 de decembro-, Escola de Vila Verde da Raia -5 de decembro-, Escola de Vilar de Nantes -6 de decembro-, e Escola do Caneiro -7 de decembro-).

Ademais, tamén poderánse entregar alimentos durante o torneo de fútbol sala (16 de decembro, ás 15,00 horas, no Pavilhão Municipal de Chaves), ou no concerto de clausura da campaña 'Nadal solidario, espalle alegría na Eurocidade' (27 de decembro, ás 22,30 horas, no Auditório do Centro Cultural de Chaves).

Por outra banda, os veciños da Eurocidade poderán facerse cunha árbore de Nadal a cambio da entrega de xoguetes infantís na sede da Eurocidade (antiga aduana de Feces de Abaixo), Loja Ponto Já e Gráfica Sinal. Unha doazón realizada por Protecção Civil de Chaves.

Te puede interesar