Como facer a Ruta do Viño da Ribeira Sacra do 26 ao 28 de maio

Amandi (Sober). 28/08/2019. Vendimia en la ribeira Sacra con da bodega Damm, primera en hacerlo en toda Galicia.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Foto: Xesús Fariñas
Na Ruta do Viño da Ribeira Sacra haberá actividades para coñecer dende a tradición vitivinícola da zona e descubrir as súas paraxes naturais

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra terá lugar do 26 ao 28 de maio. A iniciativa contará cos Buses do Viño, xa que o sábado 27 e o domingo día 28 de maio haberá un servizo de transporte con guía acompañante especializado na Ribeira Sacra para realizar visitas ás adegas, museos e outros lugares de interese participantes na Primavera de portas abertas. O prezo será de 10 euros adulto,  5 euros nenos (de 3 a 13 anos).

Sábado 27 de maio

- Autobús 1: saída ás 10,00 horas de Monforte de Lemos (aparcamento do parque dos Condes) e volta ás 20,00 horas. Visita ao Centro Oleiro Rectoral de Gundivós e a Adega Rectoral de Amandi en Sober. De 14,00 a16,00 horas haberá tempo libre para xantar en Sober. Visita a Adega Casa Moreiras en Pantón. Visita teatralizada á Torre da Homenaxe en Monforte de Lemos e ao Museo do viño da Ribeira Sacra (inclúe degustación).

- Autobús 2: saída ás 08,30 horas dende A Coruña (Avda. Xardíns de Méndez Núñez, Parada de Autobuses) e ás 09,30 horas dende Lugo (Praza da Bretaña) e volta ás 20,00 horas. Visita ao EcoMuseo de Arxeriz en O Saviñao, e as Adega Ribada en Chantada e Adega Condado de Sequeiras. De 14,30 a 16,30 horas tempo libre para xantar en Chantada. Visita as Adega Via Romana en Chantada e Adega Amedo en Chantada .

 - Autobús 3: saída ás 09,30 horas dende Ourense (Estación de ferrocarril) e volta ás 20,00 horas. Visita ás adegas Adega Finca Míllara en Pantón e Adega Casa Moreiras en Pantón. Visita teatralizada á igrexa Santo Estevo de Ribas de Miño. De 14,30 a 16.30 horas tempo libre para xantar en Chantada. Paseo polo Miño na lancha Quinta Sacra. Visita á Adega Condado de Sequeiras en Chantada.

 - Autobús 4: saída ás 08,30 horas de Vigo (Avda. de Madrid, Centro Médico Concheiro) e ás 09,30 horas de Ourense (Estación de ferrocarril) e volta ás 20,30 horas. visita á Adega Ronsel do Sil en Parada de Sil. Visita teatralizada ao castelo de Castro Caldelas. De 14,00 a 16,00 horas tempo libre para xantar en Castro Caldelas. Visita ás adegas Adega Ponte da Boga en Castro Caldelas e Adega Vella na Teixeira.

Domingo 28 de maio

- Autobús 1: saída ás 10,00 horas de Monforte de Lemos (aparcamento do parque dos Condes) e volta ás 19,00 horas. Visita ás adegas Adega Ronsel do Sil en Parada de Sil e  Adega Ponte da Boga en Castro Caldelas. De 14,00 a 16,00 horas tempo libre para xantar en Sober. Visita ao Miradoiro de Cadeiras e a Adega Rectoral de Amandi en Sober.

- Autobús 2: saída ás 09,30 horas de Ourense (Estación de ferrocarril) e volta ás 19,00 horas. Visita ao Centro Oleiro Rectoral de Gundivós en Sober e á Adega Proencia en Sober. De 14,00 a 16,00 horas tempo libre para xantar en Chantada. Visita ás adegas Adega Via Romana en Chantada e Adega Ribada en Chantada.

- Autobús 3: saída ás  09,30 horas de Lugo (Praza da Bretaña) e volta ás 19,00 horas. Visita ao Museo Etnográfico de Quiroga e á adega Adega Val de Quiroga. De  14,00 a 16,00 horas tempo libre para xantar en Monforte de Lemos. Paseo polo Miño na lancha Quinta Sacra. Visita á Adega Amedo en Chantada.

Te puede interesar