O Concello abre os seus espacios públicos para que os visiten e coñezan os cidadáns

LR- Coñecer como funciona o Concello, cal é a parte oculta do Auditorio ou visitar as estatuas de escritores galegos que existen na cidade son os obxectivos do programa municipal ’Percorre Ourense’. A iniciativa, dirixida a toda a cidadanía, busca facilitar ós ourensáns un maior coñecemento da cidade e potenciar a súa participación.

 A Casa do Concello, o Museo Municipal e o Auditorio non terán segedos para os cidadáns. A Concellería de Cultura iniciará un ciclo de rutas culturais dirixidas a asociacións culturais, veciñais, sociais, de maiores e a cidadanía en xeral. ’Coñecer o Concello por dentro, ver os plenos, visitar os almacéns e a sala de fondos do Museo Municipal ou ver os vestiarios e o escenario do Auditorio era unha demanda dos cidadáns’, explicou a concelleira de Cultura, Isabel Pérez. Neste senso, o tenente de alcalde, Alexandre Sánchez Vidal, destacou que ’o programa responde á intención do BNG de potenciar a transparencia das institucións públicas e a participación dos cidadáns’.

 Nembargantes, a iniciativa do BNG non se reduce a potenciar o acceso dos cidadáns ás institucións municipais neste progra ma ’Portas abertas’ senon que se realizarán roteiros artísticos, etnográficos (ruta dos cruceiros e das fontes e visita ó conxunto etnográfico de Seixalbo), arqueolóxicos (visita ó Castro de San Tomé), literarios (ruta da Esmorga e percorrido polas rúas e plazas dos escritores galegos) e naturais (visita ós parques e xardíns, ás termas e ós ríos e pontes). Isabel Pérez destacou que a iniciativa, que leva por nome ’Percorre Ourense’, ’ten por obxectivo que os que aquí vivimos coñezamos a nosa cidade e entroncar o noso entorno coa nosa historia’.

Te puede interesar