CIUDAD

O Concello busca a reforma integral de tres novos barrios

ourense. 19 marzo de 2010. #25 de calle abelardo arce en seixalbo
photo_camera Xa hai outras tres áreas declaradas no Concello, como a de Seixalbo, na imaxe, que vai pola novena anualidade.

San Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada optan a axudas da Xunta para rehabilitación

O goberno municipal de Ourense pedirá á Dirección Xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo a declaración dunha nova área de rehabilitación integral na cidade, que inclúa os barrios de Serra San Mamede, Cruceiro Quebrado e Inmaculada, dacordo co novo Plan Estatal de Vivenda e a nova convocatoria realizada este ano pola Xunta de Galicia para estas áreas.

A declaración desta nova área de rehabilitación, aprobada na xunta de goberno de onte, permitirá -se se obtén a axuda- que propietarios/as de vivendas poidan acceder a axudas para financiar actuacións de rehabilitacións de edificios e vivendas, e ao propio Concello para acometer proxectos de urbanización ou reurbanización, seguindo a liña de actuación que se segue na actualidade nas outras tres áreas de rehabilitación integral xa declaradas no Concello de Ourense: Casco Vello, Seixalbo e Polvorín, Camelias, A Carballeira.

O espazo incluído nesta nova área ten unha superficie aproximada de 24,88 hectáreas e unhas 2.000 vivendas. O Concello de Ourense aporta unha memoria adaptada ao establecido no novo Plan Estatal de Vivenda e á nova orde, aprobada o 9 de marzo deste ano, pola Xunta de Galicia, que establece as bases reguladoras do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016.

O Concello de Ourense concurirrá, pois, a esta convocatoria para a anualidade número 14 da área de rehabilitación do Casco Vello, a número 9 de Seixalbo, a 3 de O Polvorín-As Camelias-A Carballeira e á número 1 de San Mamede.

A declaración desta área de rehabilitación permitiría acollerse aos programas de financiamento de actuacións de rexeneración e renovación urbanas.

A mesma xunta de goberno modificou a mesa de contratación que decidirá a nova concesión para a xestión do Claustro de San Francisco e o centro municipal José Angel Valente, de xeito que poña que estará presidida polo concelleiro/a responsable de área en lugar de indicar o nome do edil, xa que ata agora figuraba Ana Garrido ao frente e ela non repetirá na próxima Corporación; evítanse tamén así, din no Concello, posibles reclamacións ou impugnacións dos acordos que se tomen.

Te puede interesar