O Concello dálle luz verde á contratación das carrozas e da dirección artística para a Cabalgata

Na mesma sesión, convocada de urxencia, aprobouse a solicitude de 3 axentes de emprego e desenvolvemento local cunha subvención de 145.647 €

O Concello de Ourense celebrou esta mañá unha sesión urxente da Xunta de Goberno Local na que aprobou a contratación, mediante procedemento aberto, dos servizos necesarios para a Cabalgata de Reis: o deseño e produción de carrozas e a dirección artística de toda a comitiva.

A oferta de Laura Míguez Escudero, cunha puntuación de 88 sobre 100, foi a que gañou o concurso na parte da dirección artística. Encargarase así da organización e produción da animación para o desfile da cabalgata. O deseño e produción das carrozas, pola súa banda, recaerá na empresa CA Totatlity SLU, que acadou unha puntuación total de 74 sobre 100.

Ambos licitadores terán un prazo de 10 días para presentar no Rexistro do Concello todos os documentos acreditativos e fiscais pertinentes.

Subvención para 3 axentes de emprego

Na mesma reunión, a xunta de goberno acordou aprobar unha memoria-proxecto para a solicitude de subvención para contratar 3 axentes de emprego e desenvolvemento local no marco dun convenio da Consellería de Economía, Emprego e Industria coas entidades locais. A Xunta de Galicia outorgaría un importe total de 145.647,36 euros, mentres o propio Concello, no caso de ser concedida a subvención, habilitaría unha partida de crédito de 64.509,36 euros.

Te puede interesar