O Concello de Piñor pon en marcha a quinta Escola de Familia

O Concello de Piñor pon en marcha a V Escola de Familia, a escola de pais e nais municipal. Por quinto ano consecutivo, e sendo conscientes das dificultades para educar na actualidade ós cativos, ofrécese de novo esta iniciativa que pretende formar ós participantes en temas de especial actualidade, para saber como enfocalos cos máis cativos e afrontar as dificultades educativas na vida cotiá, ou no futuro próximo.
Durante un total de cinco sesións trataranse varias temáticas coa colaboración de diferentes profesionais, pero ademais ofrecerase apoio educativo individualizado por parte da educadora familiar municipal a tódolos participantes.

Te puede interesar