ENTREVISTA/ VIDA

Dirixindo o futuro musical

devigo2_result
photo_camera Pablo Devigo Vázquez.

A pesar de súa xuventude, Pablo Devigo perfilase como unha das grandes promesas musicais a nivel nacional.

A pesar de súa xuventude, Pablo Devigo perfilase como unha das grandes promesas musicais a nivel nacional. Formación no lle falta, e, neste afán de aprendizaxe que fala do seu espíritu inquedo e a súa paixón pola música,  a súa base se verá complementada este ano tras ser admitido no prestixioso Cleveland Institute of Music na especialidade de Dirección de Orquestra e no que son admitidos tan só un máximo de dúas personas ao ano.  

O primeiro contacto de Pablo Devigo coa música foi de man da música tradicional galega. Pronto descubriu o que considera o seu instrumento principal, o piano. En 2008 comenzou a estudiar Composición e, no ano 2010, Dirección de Orquestra no Conservatorio Superior de Música do Principado de Asturias, especialidades que rematou coas máis altas calificacións da súa promoción. Na actualidade, vén de ser admitido no programa de ‘Master of Music’ na especialidade de Dirección de Orquestra no prestixioso Cleveland Institute of Music becado polo programa Fulbright e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.


Cales son os seus primeros recordos relacionados co mundo da música?
En realidade non recordo non ter tido afición pola música, sempre sentín unha atracción natural por ela. Ainda que nacín nun fogar non moi musical, tiven interese por todo o que soaba ao meu arredor. Se teño que decir dun momento pola miña fixación pola dirección comezou probablemente cando via á Filharmónica de Viena no concerto de Aninovo.

En que consiste o ‘Master of Music’ na especialidade de Dirección de Orquestra do Cleveland Institute of Music no que acaba de ser admitido? 
Trátase dun programa de máster de dous anos de duración, no cal vou a traballar semanalmente cunha orquestra sinfónica. Como parte dos requerimentos terei que dar concertos públicos, asistir a outros directores... O programa ten un coste de matrícula anual de 45,700 $ cada ano, algo que sería imposible de financiar sen a beca da comisión Fulbright. A selección consistiu en dúas fases: na primeira debín de realizar unha solicitude enviando expediente académico e videos (preséntanse ao redor de 100 candidatos). Ao pasar esta fase, o centro convida a uns 10 candidatos a realizar unha audición alí, coa orquestra do Cleveland Institute of Music. Ao final do proceso so admiten a un ou dous directores cada ano. 

Que supón para vostede ser admitido no prestixioso centro?
É un soño cumplido, algo que me fai moi feliz e que espero dea os seus froitos. 

Como tomou a familia esta nova lonxe da casa?
A miña familia alégrase por min, porque saben que é algo polo que levo loitando toda a vida.

Que expectativas ten ante esta nova aventura?
Estados Unidos é un lugar cheo de posibilidades. Trátase dunha enorme oportunidade para desenrolarme artísticamente e establecer relacións profesionais. Cleveland é un centro cultural moi vivo, con unha orquestra e un conservatorio de nivel mundial.


Algún soño musical que lle gustaría que se cumprise?
Algo que me realizaría enormemente sería dirixir algunha das formacións sinfónicas galegas, xa sea a Real Filharmonía de Galicia ou a Sinfónica de Galicia, pola afinidade que teño con elas.

É difícil abrirse camiño neste mundo?
É tremendamente competitivo. Trátase dunha carreira de fondo, onde se cumplen os obxetivos a longo plazo. Pero estou a desfrutar enormemente do camiño.

Cales son os seus próximos proxectos en mente?
Máis estudos, concursos, viaxes… proxectos nunca fallan.

Te puede interesar