PROVINCIA

Enfado polo estado das estradas en Xunqueira de Ambía, Molgas e Paderne

Os tres Concellos acordaron enviar un ultimatum a ADIF, advertindo que acudirán á Fiscalía se non repara as vías

 

Os alcaldes de Xunqueira de Ambía, Baños de Molgas e Paderne de Allariz, xunto cos representantes dos grupos políticos que forman parte da Corporación municipal de Xunqueira de Ambía, constituiron unha comisión mixta co fin de facer un seguimento do estado das estradas e reclamar máis atención para a súa conservación, mantemento e recuperación.

A Comisión está conformada polos alcaldes de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes; Baños de Molgas, Xaime Iglesias; e Paderne de Allariz, José Manuel Fernández, o concelleiro do PP en Xunqueira de Ambía Rubén Seara, a concelleira de Iniciativa por Xunqueira Sonia Vidal e o concelleiro do BNG de Xunqueira de Ambía Juan Conde.

A Comisión acordou dirixirse aos responsables de ADIF, "a modo de ultimatum, para deixarlles constancia de que se non obtén resposta inmediata, se porá en coñecemento do Ministerio Fiscal que as condicións de seguridade das vías municipais e provinciais nas que dita empresa executou as obras do AVE non cumpren coa normativa vixente".

Asimesmo solicitan a Deputación, como titular das vías, un informe sobre as xestións realizadas para proceder á reparación das estradas, un informe sobre o estadono que se atopan es mesmas, que adopte medidas para mellorar a seguridade e que asesore e defenda a estes concellos nas accións que adopten fronte a ADIF.

Te puede interesar