Entrega de títulos da parcelaria en Albarellos

Vecinos de Albarellos recogen sus títulos de propiedad de la parcelaria. (Foto: MARCOS ATRIO)
O director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, entregou os títulos da concentración parcelaria da zona de Albarellos-Vilaza, no concello ourensán de Monterrei.
Esta entrega supón a reorganización da propiedade de 821 hectáreas de terreo, pertencentes a 995 propietarios. Isto permite mellorar e modernizar as explotacións agrícolas, crear e mellorar as vías de comunicación e de acceso a novas fincas, axudar a prever os incendios forestais e aumentar o valor da base territorial. Os traballos realizados na zona concentrada supuxeron un investimento de máis de 2.470.000 euros, dos cales a maior parte corresponden á execución das obras da rede de camiños e ao acondicionamento das fincas.

Coa finalización deste proceso de reorganización da propiedade, o concello de Monterrei conta con 1.344 hectáreas concentradas, o que contribúe a incrementar considerablemente a superficie dedicada ao viñedo, impulsando o potencial agrario co que o concello conta na actualidade.

Te puede interesar