Entrimo, Muíños e Lobios buscan morcegos en dúas noites lúdicas

A Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés acolle este fin de semana unha nova edición da 'Noite dos Morcegos', unha celebración promovida por Eurobats e a Asociación Española para la Conservación y el Estudio de los Murciélagos (Semecu). Coincidindo co último fin de semana completo de agosto, diferentes espazos dentro da reserva acollerán actividades de ocio e lúdicas para promocionar o coñocemento dos morcegos.
A área recreativa do río Pacín, no concello de Entrimo, acolle hoxe as 20,00 horas o acto de colocación das caixas morcegueiras e unha sesión científica de captura de quirópteros e uso de detectores de ultrasóns. Maña sábado, as 12,00 horas no albergue de O Corgo (Muíños) terá lugar una revisión das caixas morcegueiras e,as 20.00 horas, no Río Caldo(Lobios) repetirase a colocación das caixas e sesión científica.

Te puede interesar