“Eroski fai fincapé nos productos locais'

Gonzalo Rodríguez
¿Por que se escolleu Maceda para esta nova apertura no medio rural?
Eroski xa traballaba nesta localidade. Contaba cunha tenda máis pequena dende hai xa nove anos. Polo tanto era lóxico apostar por unha nova apertura. Un novo centro máis grande, que puidese cubrir mellor ás necesidades dos seus veciños e veciñas, era necesario.
¿Cál será o área de influencia de esta nova tenda?
Pretendemos que a tenda que abrimos hoxe chegue a ser opción de compra para os habitantes de Maceda, Esgos, Molgas e Xunqueira de Espadañedo. Ó contar con servizos renovados esperamos que a súa acollida sexa realmente boa, actuando como influencia 7 ou 8 kilómetros arredor de Maceda. Dispón de 400 metros de párking exterior, para facilitar as compras.
¿Qué melloras poderán atopar os clientes en relación á outra tenda?
As diferenzas serán moi grandes, comezando por un cambio na gama de produtos ofrecidos, que será maior. Este novo centro ofertará unha pequena escolla de alimentos ecolóxicos como o tofu, ademais de contar con panadaría ou peixería no seu interior. Será ademais un espazo no que se terá en conta o aforro enerxético, nun sentido ecolóxico. Sobre todo no plano do consumo eléctrico, contando cunha iluminación especial respetuosa co medio ambiente.
¿Haberá lugar para o produto local?
Por suposto. Unha das máximas do grupo Eroski é facer fincapé na explotación de produtos locais. Esto supón unha excepción en Galicia en relación a outros centros, xa que ó ser máis pequenos non todos contan con alimentos tan específicos. Neste caso ofertaránse algúns como os chourizos de Bustavalle ou o café autóctono. Como xerente dou moita importancia a este aspecto en relación ó medio rural. Con esta tenda queremos que tódolos veciños e veciñas da comarca poidan acceder ó que precisen, incluíndo alimentos galegos, sen ter que desprazarse ás grandes cidades.

Hoxe en día non vivimos tempos de bonanza económica. ¿A crise inflúe a Eroski neste caso?
Dalgunha maneira esta inversión ten un valor extra debido á situación económica que vivimos. Ten mérito como apertura e supón unha gran aposta en relación sobre todo á recesión no consumo que se ven dando nos últimos anos. Con elo darase traballo a 12 persoas. n

Te puede interesar