Día Mundial contra a Obesidade

O exceso de peso afecta ao 55,5% da poboación de Ourense

Barbadás conciencia sobre a obesidade
photo_camera Barbadás conciencia sobre a obesidade
O Concello de Barbadás organizou unha charla sobre as consecuencias da obesidade a cargo do nutricionista Ricardo de la Fuente Cid e unha andaina de 4 quilómetros pola contorna polo Día Mundial contra a Obesidade durante a mañá de onte

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña,  con motivo do Día Mundial contra a Obesidade, achegouse ao Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO) para destacar o Plan de Obesidade Zero  en Galicia e comprobar como se traballa na localidade na concienciación deste problema  “con andainas  saudables e mesas informativas nos centros sanitarios da zona”.

Segundo Comesaña se teñen pensados “11 obxectivos e 41 accións para levar a cabo este plan” xa que os datos en Galicia revelan que o 39% da poboación ten sobrepeso, o 16,5% ten obesidade, o 61% non fai exercicio físico regular e un 41% é sendentaria”. 

Pola súa parte, a  terapeuta ocupacional do plan en Ourense, Cristina Pérez expresou que “la población puede descargar los programas para trabajar en los pilares más importantes contra la obesidad en la plataforma Sanidad Mediaverso”.

Te puede interesar