Félix Bizarro lidera ós xoves do PP no Concello de Parada

Félix Bizarro González foi elixido onte novo presidente de Novas Xeracións no Concello de Parada de Sil, todo elo no congreso local celebrado pola formación xuvenil do Partido Popular neste concello ourensán.
O novo equipo de Novas Xeracións en Parada do Sil ten como obxectivo traballar pola dinamización das actividades xuvenís neste municipio e pola defensa dos intereses dos xóvenes, facendo especial fincapé nas políticas de emprego, sociais e culturais.

Ó congreso e á elección de Félix Bizarro acudiu a presidenta de NN.XX. da provincia, Jackeline Fernández e a presidenta saínte, Silvia Carreño. Novas Xeracións din que a unidade da formación é total no municipio de Parada de Sil.

Te puede interesar