Un ferido leve nunha saída de vía en Castro Caldelas

Ambulancia. Archivo.
O accidente tivo lugar na estrada OU-536, cando o condutor do vehículo sen carnet perdeu o control do turismo

Un home resultou ferido leve nunha saída de vía en  Castro Caldelas, cara as 14:29 horas da tarde deste luns. 

O accidente tivo lugar na estrada OU-536, cando o condutor do vehículo sen carnet perdeu o control do turismo. 

Segundo fontes do 112, uns veciños trasladaron ó afectado ó Centro de Saúde da localidade para que fose atendido polos profesionais sanitarios. 

O implicado atópase fóra de perigo e con feridas de carácter leve no brazo. 

Ó lugar do suceso trasladouse a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Castro Caldelas e os efectivos do servizo de mantemento en carretera, xa que o vehículo deixou algúns restos no carril, que xa foron retirados.

Te puede interesar