Finalizan os actos do mes da eficiencia enerxética

O Parque Tecnolóxico de Galicia acolle o vindeiro xoves a clausura dos actos organizados pola Xunta durante todo este mes no marco dunha campaña destinada á sensibilización sobre o aforro e a eficiencia enerxética.
A xornada de peche incluirá unha charla-coloquio sobre aforro e eficiencia enerxética na industria a cargo do director do departamento de Enerxía e Planificación do Inega, Emérito Freire. Os actos comezaron o 5 de marzo, Día Mundial da Eficiencia Enerxética, cunha representación teatral sobre o uso racional da enerxía; o día 18 desenvolvéronse no Parque Eólico Experimental de Sotavento (entre Lugo e A Coruña) diversas actividades nas que participaron 60.

Este luns presentarase na Escola de Maxisterio de Santiago a exposición 'Un Mundo de Enerxía', coa fin de promover un consumo responsable.

Te puede interesar