Un prato que conxuga os catro sabores característicos da provincia -o pulpo de O Carballiño, o viño das catro denominacións, as patacas da Limia e o aceite 'Aouris'- é a homenaxe que lle rendiu Flavio Morganti a Ourense

Fusión de sabores ourensáns

O cociñeiro italiano, Flavio Morganti, presentou onte a súa particular homenaxe gastronómica á provincia de Ourense que o 'acolleu hai xa máis de vinte anos', no restaurante Galileo, en Santa Baia. O prato é 'PulpOuriensis', e o seu ingrediente principal, como o seu nome deixa prever, é o produto o máis universal da tradición gastronómica da provincia, o pulpo.
Trátase dunha atrevida creación coa visión persoal que este experto dos fogóns lle quixo dar á tradicional receita do 'pulpo á feira', con motivo da 50 edición da festa do polbo do Carballiño. Morganti baseouse nos produtos autóctonos da gastronomía ourensana, co apoio dun experto pulpeiro de O Carballiño, César Barroso de Fuchela.

O segredo desta exquisitez está na cocción do pulpo nunha proporción de auga e viños tintos das catro denominacións de orixe ourensanas: Monterrei, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras, o que lle aporta intensidade á característica cor rosada deste cefalópodo. No prato, acompáñao a tradicional pataca da Limia e o toque especial apórtao o aceite 'Aouris', un ouro líquido cun embriagador aroma. Este produto encóntrase na fase de desenvolvemento por parte de Aceites Abril.

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e o delegado da Xunta na provincia, Rogelio Martínez González eloxiaron esta novidade gastronómica. Fernández mostrou a súa satisfacción ante esta proposta, levada a cabo por un restaurante ourensán que 'se preocupa pola elaboración dun produto tan típico pero dun xeito tan diferente'. Ademáis, o alcalde, felicitou a Aceites Abril, -representado por Elena Pérez Canal-, polo seu novidoso e saboroso ouro líquido. Tamén disfrutaron deste manxar, o presidente de la D.O. Ribeiro, Miguel Ángel Viso, o secretario de Pataca de Galicia, Ricardo Losada e o vicepresidente de Gallaecia, Luis Padín.

Te puede interesar