Voceiro nacional do BNG

Guillerme Vázquez: ‘Non se pode manter o rural só co turismo’

Guillerme Vázquez, onte en Celanova. (Foto: Paz)
O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, presidiu a constitución da asamblea comarcal A Baixa Limia e Celanova e mostrouse ‘optimista con estas terras’.
A asamblea extraordinaria do Consello Comarcal do BNG na Baixa Limia e Terra de Celanova estivo presidida onte polo voceiro nacional, Guillerme Vázquez. Un ano despois da constitución da comarca política do BNG, os responsables locais trasmitiron a Vázquez as súas inquietudes, ao tempo que o acompañaron nunha visita a unha explotación gandeira de Verea.

¿Cal é o motivo da súa visita ás terras de Celanova e Baixa Limia?

Forma parte do programa das actividades cas comarcas políticas do BNG, nun xesto de acercamento aos afiliados. Unha viaxe que aproveitamos non só para presidir a asamblea comarcal, senón para visitar unha explotación gandeira en Verea. O desenvolvemento do rural pasa por cuestións básicas como a agricultura e a gandeiría. Non se pode conservar o rural só co turismo, fai falta unha base productiva e facer políticas para que a xente teña unha mínima rentabilidade económica. A ausencia de politicas agrarias e gandeiras fai que comarcas enteiras sufran o fenómeno da despoboación e iso require unha reflexión de todos.

¿Qué papel xoga o turismo no desenvolvemento do mundo rural?

O turismo é un complemento importante que permite un certo grado de autonomía, pero hai que completalo con accións de fomento da actividade productiva e tamen ca mellora das comunicacións viarias.

¿Cómo valora o primeiro ano de traballo do consello comarcal?

Somos optimistas con estas terras e estamos moi contentos por haber tomado a decisión de constituir A Baixa Limia-Terra de Celanova como comarca políti ca. Unha necesidade que estivo ben plantexada e fruto dun aumento de votantes así como de afiliados. E os datos siguen en aumento, incluindo o incremento de votos nas eleccións do pasado 1 de marzo.

¿Cáles foron as inquietudes que lle trasmitiron os dirixentes locales?

Falamos da situación política en xeral, así como das inquie tudes propias desta comarca política recen constituída, ca mente posta no reto electoral que serán as vindeiras eleccións municipais. Precisamente esta visita esta concebida para escoitar o que os afiliados nos teñen que dicir.

Na cidade ¿será Andrés García Mata o candidato á alcaldía de Ourense?

Todavía falta moito tempo para iso. O BNG, no seu momento, determinará o calendario de elección de cadidatos, ca implicación dos afiliados. O que sí creo e que García Mata é un bó portavoz municipal e que está cumplindo ben o seu traballo.

En pleno debate para a aprobación dos orzamentos do Estado, ¿qué ten que cambiar o goberno de Zapatero para lograr o voto do BNG no Congreso?

No tema dos investimentos na Galicia hay moito que negociar, e seguirmos facéndolo porque, por agora estamos máis cerca do non que do sí. Nós temos dous obstáculos para aprobar os orzamentos do 2010. O primeiro fai referencia ó modelo fiscal que está plantexado e as vías de incremento da financiación que vai contra as clases baixas e medias. O segundo obstáculo fai referencia o desequilibrio e o abandono dalgunhas cuestións básicas que afectan a Galicia e que non se refiren nos orzamentos ou ben teñen cantidades ridículas, como o tramo ferroviario de Lubián a Ourense.

¿A provincia de Ourense é unha das máis perxudicadas?

Todo o mundo é perxudicado, o que ocurre cos investimentos é que chove sobre mollado. En Ourense e no resto do país.

Te puede interesar