SUCESO

Dúas persoas heridas a causa dun accidente de moto en Baños de Molgas

O impacto provocou aos dúas ocupantes lesións de consideración, polo que necesitaron asistencia médica

Igualmente, o 112 informou de que outras dúas persoas resultaron feridas a consecuencia dun accidente cunha moto implicada, no concello ourensán de Baños de Molgas.

Segundo trasladaron testemuñas do accidente ao 112 Galicia, o vehículo saíuse da vía cando circulaba por unha curva na OU-0104.

O impacto provocou aos dúas ocupantes lesións de consideración, polo que necesitaron asistencia médica. O sinistro rexistrouse sobre as 16,30 horas. Aínda que nun primeiro momento parecía que as feridas eran leves, foron operados ao chegar ao servicio de urxencias. 

Segundo se desprende das investigacións, ao tratar de tomar unha curva perderon o equilibrio, foron arrastrados por debaixo da bionda metálica e precipitáronse por un desnivel, onde remataron golpeándose cunhas árboles.

Te puede interesar