Guillerme Vázquez, o portavoz nacional do BNG, respaldou á candidata á que calificou como 'unha persoa con coñecemento contrastado, capaz e comprometida con Galiza'

Isabel Pérez preséntase como a candidata da 'experiencia'

Guillerme Vázquez, con Isabel Pérez e Pérez Bouza, na cea coa que o BNG proclamou á candidata. (Foto: Miguel Angel)
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, xunto co responsábel local, Xosé Carballido, presentou onte no Auditorio municipal a candidatura encabezada pola edil Isabel Pérez para as vindeiras eleccións locais e presentar o primeiro tramo da lista, onde están tamén Marta Arribas e Fernando Varela.
No acto, Vázquez sinalou que Pérez 'é unha persoa con experiencia contrastada, capaz, comprometida con Galiza e con Ourense'. Asimesmo, dixo que 'cremos que é necesario e posíbel o cambio, temos demostrado que o BNG é capaz de poñer en pé políticas transformadoras'.

Pola súa parte, a candidata a alcaldesa da cidade, Isabel Pérez, destacou que desenvolverá primordialmente 'políticas activas destinadas á xuventude en todos os ámbitos da xestión local, porque a política transformadora ten que ser unha política transversal que atenda a todos os ámbitos de xestión, como emprego, vivenda, cultura, deporte, igualdade, sanidade, educación, medio ambiente e participación cidadá'.

Xa pola tarde, Vázquez e Pérez, así como a responsábel local, Montserrat Novoa, e o senador Xosé Manuel Pérez Bouza, estiveron no campo da feira, para celebrar con antelación o Día da Patria. Ó acto acudiron tamén o tenente de alcalde, García Mata, que tentou ser tamén o aspirante á alcaldía aunque sin éxito, e a concelleira Ana Garza.

Te puede interesar