Leiro terá un millón de euros para construir o centro de día

A inversión para a construcción dun centro de día municipal en Leiro ascende a un millón de euros. Contará con 58 prazas, e converterase no primeiro centro público para maiores neste Concello e o segundo da comarca do Ribeiro, despois do de Avión.
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asinou onte un convenio de colaboración co alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, no que se reflicte que este orzamento, que se dividirá en catro anualidades, permitirá 'garantir a calidade de vida dos maiores e ofrecerlles os mellores recursos e servizos', segundo indicou durante a súa estancia neste municipio.

O proxecto do novo centro de día contempla unha estructura acristalada e cunha amplia terraza con vistas ás ribeiras do Avia. O Concello puxo a disposición da Xunta os terrenos necesarios despois da súa adquisición con fondos propios.


ÁMBITO COMARCAL

Este centro pretende dar cobertura á demanda no só da comarca do Ribeiro senón tamén a do Carballiño.

Ademáis, a responsable deste departamento autonómico aproveitou a visita para anunciar que a Mancomunidade do Ribeiro, na que está incluído o Concello de Leiro, contará cun obradoiro de emprego para 20 persoas en situación de desemprego, no que se investirán máis de 175.000 euros en xardinería e axuda a domicilio.

Te puede interesar