TERRA DE CALDELAS

Lois Anxo Cid e Miguel Planels gañan o ‘Rosa Pons'

parada de sil_result
photo_camera Os membros do xurado amosan as fotografías gañadoras.

O Concello de Parada de Sil premiou as súas fotos con 800 e 700 euros

Lois Anxo Cid García, de Xunqueira de Espadañedo, e Miguel Planels, de Banyoles, en Girona, son os gañadores do Concurso Fotográfico Rosa Pons, que organiza o Concello de Parada de Sil e que este ano chega a súa oitava edición.

O obxectivo que persegue o Concello con esta iniciativa é fomentar a fotografía e ó mesmo tempo, promocionar Parada de Sil. O xurado encargado de resolver o certame estivo integrado pola xornalista Rosa Veiga, o fotógrafo Plácido Rodríguez e o presidente da Asociación Cultural 'Ouro do Sil, Xosé Antón Vázquez.

O xurado destacou o alto nivel dos traballos presentados, sobre todo no tema libre, onde prevaleceron os retratos e temas de viaxe. Logo da valoración, o xurado declarou gañador do apartado Visións de Parada de Sil, dotado con 800 euros, a Lois Anxo García,de Xunqueira de Espadañedo, coa fotografía titulada "Onde Fuxir". No tema libre o galardonado foi Miguel Planels, de Girona, que recibirá 700 euros.

A alcaldesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome, amosouse satisfeita coa participación a agradeceu ó patrocinador do certame, Camilo Yáñes, empresario de Parada de Sil afincado en Barcelona, o seu mecenazgo.

A partir da vindeira fin de semana as fotografías estarán expostas no salón de plenos do Concello de Parada de Sil, onde poderán ser contempladas en horario de oficina, os sábados durante todo o día e os domingos, pola mañá.

Os premios desta oitava edición do Concurso Fotográfico Rosa Pons serán entregados o vindeiro día 27 de agosto, ás 19,30 horas, no transcurso dun acto público que se celebrará no salón de plenos do Concello.

Te puede interesar