A ludoteca da Deputación percorre 18 municipios

Festa da espuma, onte en Esgos.
photo_camera Festa da espuma, onte en Esgos.
Nos vindeiros días, está previsto que estas instalacións se despracen ata os concellos de Riós, A Arnoia ou Manzaneda

A ludoteca móbil da Deputación chegou onte ao concello de Esgos. Este servizo, que ofrece actividades de lecer á rapazada, percorre 18 concellos da provincia -adxudicados por orde de solicitude- durante os meses de verán. Ata Esgos desprazouse o presidente da Deputación, Manuel Baltar, que foi recibido polo rexedor municipal, Mario Rodríguez. O presidente do goberno provincial sinalou que “un ano máis, a Deputación, aproveitando o verán e pensando nos máis cativos organiza esta ludoteca ao aire libre, unha ferramenta para pasalo ben dentro dun ambiente saudable e en contacto co medio ambiente, os xogos e a música”.

Baltar amosou a súa satisfacción por este “punto do verán ourensán de referencia, un servizo público co que considero que os concellos ourensáns están plenamente satisfeitos. So basta con ver as caras dos nenos, os pais e os encargados da actividade para concluír que, sen dúbida, esta é unha mañá especial”. 

As actividades programadas polos monitores da ludoteca móbil -que nos vindeiros días estará en Riós, A Arnoia ou Manzaneda- perfílanse arredor dunha zona deseñada para os máis pequenos -entre 3 e 7 anos- e outra para maiores -de 8 a 14 anos-. Entre as actividades atópanse atraccións inchables, unha zona interactiva ou unha festa da espuma.

Te puede interesar